O Cafés Candelas Breogán – Tenyconta Zaragoza dedicarase á difusión do labor de Cruz Vermella

O Cafés Candelas Breogán – Tenyconta Zaragoza dedicarase á difusión do labor de Cruz Vermella

O club avanza na súa implicación social da man de Deputación de Lugo e de institucións como Cruz Vermella Española

O presidente de Cruz Vermella Lugo, Luís Abelleira, os Deputados Provinciais Sonsoles López e Pablo Rivera e o Director Deportivo do CB Breogán Quique Fraga, presentaron a iniciativa solidaria mediante a cal se dedicará a semana previa e o partido do Cafés Candea Breogán ante Tecnyconta Zaragoza a difundir o extenso labor de Cruz Vermella baseándose na importancia do voluntariado.

Ademais, o luns 19 de novembro tres xogadores do Breogán - Lucio Redivo, Ricardo Úriz e Romaric Belemene- participarán nun taller promovido por Cruz Vermella sobre a integración sociolaboral de persoas de diferentes nacionalidades.

Luís Abelleira Agradeceu o compromiso de Deputación de Lugo e Breogán. A Deputada Sonsoles López destacou a importancia da vertente social do patrocinio deportivo da Deputación co Breogán, e Quique Fraga agradeceu que se conte co club para as actividades 

O Cafés Candelas Breogán – Tenyconta Zaragoza dedicarase á difusión do labor de Cruz Vermella
O Cafés Candelas Breogán – Tenyconta Zaragoza dedicarase á difusión do labor de Cruz Vermella

A actividade enmárcase no contrato de patrocinio da Deputación de Lugo co C.B. Breogán que contempla a colaboración coas entidades que traballan polos valores sociais.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información