O Cafés Candelas Breogán visitou COGAMI

Compartir con

O equipo celeste devolveu a visita que recentemente recibiu no Pazo.

O Cafés Candelas Breogán visitou COGAMI

O plantel ao completo do Cafés Candelas Breogán pasou parte da mañá do venres nas instalacións de COGAMI onde coñeceu de preto as actividades que realiza a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Ali. Os xogadores com porbaron as dificulatades de manexar unha cadeira de rodas, ou coñeceron un deporte olímpico adaptado, o Boccia, unha modalidade eque esixe técnica, táctica, habilidade e, por suposto moito adestramento para dominar os seus principio. Así o com porbaron os xogadores do Breo nas instalacións de COGAMI.

Houbo tempo tamén para disfrutar dun vídeo elaborado por membros de COGAMI que fai un repaso polas numerosas iniciativas que levan a cabo, e tamén para unha rolda de preguntas de diversos temas. Un dos protagonistas foi Lobito Fernández que falou do seu irmán Gustavo, deportista olímpico e campión do Open de Australia de Tenis Adaptado. Juan falou da intensa preparación do seu irmán e as difcultades do deporte adaptado para acadar sponsors. Lobito reclamou máis atención a un deporte que esixe o máximo aos seus deportistas.

O Cafés Candelas Breogán visitou COGAMI

Unha mañá na que o Breogán sentiuse en familia cos membros de COGAMI que volverán ao Pazo pero nesta ocasión para disfrutar dun partido do Cafés Candelas.

Na visita tamén estivo o presidente do club, Jesús Lázare, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, que tamén participaron nas actividades propostas.

Santos Ramos subliñou que “este tipo de iniciativas permítennos visibilizar e dar a coñecer, a través dun club cunha masa social tan grande como é o Breogán, a importante labor de diferentes colectivos da provincia. Nesta ocasión, os integrantes do club celeste quixeron devolver a visita que os membros de COGAMI lles fixeron fai unha semana no Pazo dos Deportes”.

Pola súa parte, Jesús Lázare explicou que “estamos encantados de achegar o Breogán a todos os lucenses e potenciar, a través do baloncesto, a integración para unha sociedade máis xusta. Aproveitamos esta visita para convidar a todos os usuarios de COGAMI a presenciar os próximos partidos no Pazo, agardando que formen parte da Marea Celeste”.

Colaboracións con COGAMI

O Goberno da Deputación de Lugo colabora coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade a través de outras moitas programacións. Por exemplo, COGAMI reforzou os servizos que ofrecen aos seus usuarios grazas a anteriores edicións do Ben Empregado, pois contrataron un total de 5 persoas: un axudante de mantemento de xardinería, que é xordomudo; un profesor de actividade artísticas e unha auxiliar de Enfermería, ambos con discapacidade física, así como un logopeda e fisioterapeuta.

O Executivo Provincial achega anualmente a COGAMI 50.000 euros para o seu Servizo de Intermediación Laboral, co que se promove a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade das zonas rurais da provincia de Lugo a través do desenvolvemento de accións formativas. Grazas a esta prestación, COGAMI acadou nos últimos 3 anos unha inserción laboral de preto de 1.000 persoas con capacidades diferentes ou de difícil acceso ao mercado de traballo.

Outras axudas do Goberno da Deputación a COGAMI son, por exemplo, os 7.000 euros para financiar gastos pola rehabilitación física e emocional de persoas con capacidades diferentes que este colectivo ofrece aos seus usuarios na Mariña; 22.000 euros para o obradoiro prelaboral que se desenvolve na cidade de Lugo; ou os 5.000 euros para colaborar nos gastos de contratación dunha traballadora social en COGAMI Federación, entre outras colaboracións.

Encontro do sábado ante o Lleida

O encontro do Breogán deste sábado terá un compoñente social que vai moito máis aló do meramente deportivo. Antes de que comece o partido, e coincidindo a celebración deste coa conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, haberá voluntarios nas portas do Pazo dos Deportes repartindo entre todos os asistentes un pack composto por unha mazá en unha bolsa colectora con información relativa á prevención e hábitos de vida saudables e aos programas e servizos gratuítos que a AECC realiza na provincia de Lugo.

Así mesmo, durante todo o encontro, os alumnos invidentes do programa de actividades de fotografía do Goberno da Deputación no Museo Provincial, chamado Fotografía: A CEGAS, exercerán, xunto aos seus monitores, de reporteiros gráficos, situándose diante do banco do Breogán e nas zonas habilitadas pola FEB.

A xornada arrancará para os alumnos do Fotografía a Cegas ás 17:00 horas no Museo Provincial. Ás 20:00 horas, rematarán as prácticas, exercendo de reporteiros gráficos durante o partido do Breogán. O resultado do seu traballo será exposto no Museo Provincial, na exposición que se inaugurará con motivo da celebración do 50 aniversario do CB Breogán. Tamén se publicará nas diferentes canles do club celeste e do organismo provincial, e será motivo dun dos artigos da revista dixital do Breogán.

E, finalmente, antes do inicio do terceiro cuarto do partido, levarase a cabo a gravación dun vídeo no que os membros da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) ensinarán a toda a afección celeste que se achegue ao Pazo o novo “berro silencioso” do Breogán para poder interpretalo todos xuntos para a gravación dun vídeo elaborado pola TIC da Deputación.

Estas accións enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

O Cafés Candelas Breogán visitou COGAMI
O Cafés Candelas Breogán visitou COGAMI
O Cafés Candelas Breogán visitou COGAMI

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información