O Cafés Candelas vence ao Leyma Coruña e xogará a final de Copa Galicia

O equipo celeste gañou en Marín na semifinal 64-84

Foto: Carlos Domarco/Galicia Deportiva
Foto: Carlos Domarco/Galicia Deportiva

Nun partido que dominou de principio a fin o Cafés Candelas Breogán esqueceu as numerosas baixas e coa axuda de tres xogadores do Estiudiantes Lugo, asinou o seu pase a unha final que se xogará en Marín  o 31 de outubro.

Felipe Dos Anjos foi o amo das zonas e rematou como xogador máis valorado (25v.)  con 14 puntos, 12 rebotes e 2 tapóns e 2 asistencias. Tamén destacou aúltima incorporación celeste. Sergi Vidal completou un partido moi destacado con 22 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias (23v.).

O equipo lucense contou coa colaboración de tres xogadores do Estudiantes Leyma Natura que deron rotacións interesantes para osixenar ao minguado conxunto de Natxo Lezkano: Andrés Corral (5 puntos e 4 rebotes), Nian Mor (3 rebotes) e o júnior Marc Héctos Mensa (2 puntos, 1 rebote).

O Cafés Candelas vence ao Leyma Coruña e xogará a final de Copa Galicia
Foto: Carlos Domarco/Galicia Deportiva
Foto: Carlos Domarco/Galicia Deportiva
Foto: Carlos Domarco/Galicia Deportiva
Foto: Carlos Domarco/Galicia Deportiva

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información