O Leite Río Breogán – HLA Alacante xogarase ás 20:00 horas

Compartir con

O club solicitou retrasalo 45 minutos sobre o horario inicial

A disputa na cidade do encontro de liga do CD Lugo (18:00 horas) e pensando en facilitar a asistencia aos numerosos afeccionados que seguen os dous equipos na cidade, o CB Breogán decidiu, co permiso expreso do rival HLA Alacante e a Federación Española de Baloncesto, atrasar a hora do inicio do próximo partido no Pazo (sábado 19 de outubro) ata as 20:00 horas.

Aproveitamos para desexarlle sorte os nosos veciños e amigos do CD Lugo e para animar aos afeccionados de ámbolos dous equipos: CD Lugo e Leite Río Breogán, que asistan na medida do posible aos dous partidos para animar e axudar a buscar dúas vitorias moi importantes para todos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información