Primeira parada da liga 2019/2020, lonxe do Pazo

Compartir con

O Leite Río Breogán inicia a competición en casa do TAU Castelló (Sábado 28, 20:30h. La Liga Sports TV)

Primeira parada da liga 2019/2020, lonxe do Pazo

Primeira parada do calendario do equipo celeste da nova tempada 2019/2020 en LEB Oro. Castelló acollerá a estrea breoganista con Diego Epifanio no banco lucense e un equipo moi renovado.

Na expedición celeste, aos xa coñecidos da afección Salva Arco, Sergi Quintela e Christian Díaz, únense un grupo de xogadores que combina experiencia con xuventude e proxección. Varios deles xa saben o que é xogar na LEB Oro durante a súa carreira como os casos de Rauno Nurger, Mo Soluade, Massine Fall, Roope Ahonen, José Nogués ou Dago Peña. Outros como son Alex Olah, Thomas de Thaey ou Mateo Sánchez debutarán na categoría.

O TAU Castelló, primeiro rival dos celestes, é un equipo que mantén a base da pasada tempada con sete xogadores que contiunúan ás ordes de Toni Ten.

O partido, por La Liga Sports TV

A aplicación que ostenta os dereitos televisivos de LEB oro inclúe na súa grella o partido entre TAU Castelló e Leite Río Breogán. Para poder velo será preciso descargar a aplicación de La Liga Sports TV no disposicito móvil e rexistrarse. A aplicación conta cunha canle desicada ao Baloncesto onde aparecen os partidos da xornada que emitirá en directo.

O TAU Castelló – Leche Río Breogán dará comezo ás 20:30 horas do sábado.

 

Imaxe da aplicación La Liga Sports TV
Imaxe da aplicación La Liga Sports TV

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información