Próxima parada do Cafés Candelas: Vitoria

O Breo visita ao Araberri, equipo que a pasada tempada foi un pesadelo para os celestes

Non sabe o Cafés Candelas o que é vencer ao Araberri. O conxunto lucense caeu a pasada tempada nas dúas ocasións nas que se enfrontou ao seu pròximo rival. O vindeiro domingo ás 18:00 horas o equipo de Lezkano visitará o Polideportivo Mendizorroza e buscará vencer por vez primeira ao equipo vasco e, de paso, voltar á senda do trunfo tras o accidentado encoentro da pasada xornada na que as baixas condicionaron aos lucenses en Huesca.

Si todo vai segundo o previsto, Natxo lezkano poderá contar con todo o plantel para afrontar o partido.

Araberri destaca pola súa capacidad de anotación, sendo o equipo máis certeiro no lanzamento exterior cun 40,2% de acerto en tiros de tres puntos (o Breo ten un 38,8%) e un dos máximos anotadores desta edición de LEB Oro.

O escolta John Andrew Dee, con 13,4 puntos por partido é o  máximo realizador dos vitorianos seguido de preto polo aleiro Jamal Edwards (12,8).

No rebote destacan dous homes: Araújo, con 6,91 capturas por encoentro, e o ex breoganista Úcles con 5,83.

O Sáenz Horeca Araberri chega ao encontro na 15ª  posición da clasificación con 5 vitorias e sete derrotas.

Imaxe do encontro da pasada tempada no Pazo (Foto Pat Muñoz)
Imaxe do encontro da pasada tempada no Pazo (Foto Pat Muñoz)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información