Seareiros do Miño: Faite coa entrada para o derbi do venres

Compartir con

Este mércores poranse á venda as entradas a precio reducido que poderán adquirirse presentando os carnés de abono de CD Lugo e Cafés Candelas Breogán para o partido do venres (20:45 horas) no Pazo ante Marín PeixeGalego.

Os abonados do Cafés Candelas accederán  ao encontro, como é habitual, presentando o seu carné de abono en porta, pero nesta ocasión, poderán facerse cunha entrada de cortesía para un acompañante a prezo de 5€, una oferta que será extensiva nesta xornada aos aboados do CD Lugo que poderán adquirir una entrada por cada carné de abono.

Os puntos de venda estableceranse nas oficinas do CB Breogán no Pazo dos Deportes,  a oficina do CD Lugo no Anxo Carro e a tenda oficial CDLU Store en Praza Bretaña. As entradas estarán disponibles dende a tarde deste mércores nos establecementos indicados.

Venderase unha única entrada por carné e será imprescindible presentalo no momento da compra.

As entradas son de categoría xeral polo que os portadores poderán ocupar únicamente localidades non reservadas polos abonados (localidades sinalizadas con reserva e zonas G Gris).

-Tenda CDLU Store, de Plaza Bretaña,22 (10:30 - 14:00 e 16:30 - 20:00 h)
- Anxo Carro (10.00 - 14.00 e 16.30 - 20.30 h) 
- Oficinas CB Breogán (9.30 -14.00 e 17.00 – 20.00 h)

-Taquillas do Pazo dos Deportes dende una hora antes do partido.

Seareiros do Miño: Faite coa entrada para o derbi do venres

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información