Seareiros do Miño: Xornada de afeccións celeste e albivermella o venres no Pazo

Compartir con

Os abonados de CD Lugo e os do Cafés Candelas Breogán poderán retirar unha entrada a prezo reducido de 5€ para o encontro do vindeiro venres no Pazo que enfrontará a Breogán con Marín Peixe Galego (20:45 horas).

A boa relación entre dous dos clubs máis representativos do deporte galego e, por suposto lucense, leva inevitablemente a puntos de encontro pensando nas afeccións. Este venres será unha boa oportunidade para sacarlle partido ao compromiso adquirido cos clubs pola compra do abono. Un compromiso que premiamos coa oportunidade de facerse cunha entrada para un derbi a prezo reducido.
As entradas venderanse a partires do mércores en puntos de venda e horario que detallaremos nas próximas horas.
Somos moi de Lugo… somos «Seareiros do Miño».

Os seareiros lucenses presumen dos seus equipos alá onde van. Na imaxe Guido e Álvaro nas rúas de Dublín. Foto: @guidoalvarezp
Os seareiros lucenses presumen dos seus equipos alá onde van. Na imaxe Guido e Álvaro nas rúas de Dublín. Foto: @guidoalvarezp

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información