Suspendido o Surne Bilbao – Río Breogán por motivos técnicos

Compartir con

O fallo nun marcador de 24 segundos levou á ACB para tomar a decisión de suspender o partido

O partido correspondente á xornada 12 de Liga Endesa entre o Surne Bilbao e Río Breogán acabou sendo suspendido por decisión de ACB conforme á normativa vixente.

A decisión foi tomada unilateralmente sen que o CB Breogán fora consultado, dado que é a ACB a única con potestade para tomar unha decisión deste calibre con base á normativa vixente, e sendo o Xuíz Único de Competición da FEB o que resolva sobre dar por perdido o partido ao club local ou establecer unha nova data para a disputa do encontro.

O CB Breogán, que en todo momento quixo xogar o encontro, séntese gravemente prexudicado por esta suspensión, e sorprendido ante a rapidez da mesma ao tomarse poucos minutos despois da hora prevista para o inicio do partido, permanecerá á espera da devandita resolución para defender, no caso de que sexa necesario, os seus intereses, con especial atención aos preto do medio milleiro de afeccionados desprazados en masa a Bilbao.

acb Photo / A. Arrizabalaga
acb Photo / A. Arrizabalaga

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información