Unha ventá aberta á mellora

Compartir con

O equipo afronta a Ventá FIBA como unha oportunidade de traballar e recuperar a xogadores, pero sen os 4 convocados

Sulejmanovic con Bosnia, Gerun con Ucrania, Löfbegr con Suecia e Redivo con Arxentina, son os catro xogadores que se atopan convocados polas súas seleccións con motivo da Ventá FIBA.

O equipo que queda en Lugo aproveitará para facer traballo específico, adestramentos máis reducidos en efectivos e recuperación dos xogadores con molestias. Ademais está previsto un partido amigable de adestramento o venres 30 ás 13:15 horas, en León,  a porta pechada, ante o Movistar Estudiantes. Os madrileños, igual que o Cafés candelas, completarán o equipo coa colaboración de xogadores de categorías inferiores.

Non haberá descanso para o preparador físico e os fisioterapeutas que traballarán en varias sesión durante os días desta peculiar semana. Para homes como Arco ou Úriz o parón é positivo e ábrese un período no que cada día achégaos máis ao regreso sen ter que asistir a partidos dende a banda.

 

O corpo técnico celeste ten programada a incorporación progresiva de Arco e Kabasele ao traballo co grupo, aproveitando inicialmente os exercicios sen contacto (5x0, tiro, etc.).

 

En canto aos convocados polas seleccións, tres teñen dúas citas: serán Gerun que ten partido con Ucrania ante Eslovenia (día 29 novembro), e España (2 decembro); Sulejmanovic que se enfrónta, coa camisola de Bosnia, a Bulgaria (30 nov.) e Finlandia (3 decembro), e Redivo con Arxentina que xogará ante Estados Unidos o 30 de novembro e México (3 dec.). A Suecia de Löfberg ten partido ante Bielorrusia o día 29 de novembro.

Se todo vai segundo o previsto, o equipo ao completo estará adestrando en Lugo o mércores día 5.

 

Unha ventá aberta á mellora
A semana terá unha importante carga física na programación
A semana terá unha importante carga física na programación

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información