Ventá FIBA: Redivo, Gerun, Löfberg e Sule, asumen protagonismo coas súas seleccións

Compartir con

Bo papel dos celestes cos combinados nacionais

Arxentina con Lucio Redivo nas súas filas superou a Estados Unidos con claridade (80-63) no encontro correspondente á fase clasificatoria para a Copa do mundo de 2019. O xogador do Cafés Candelas anotou 14 puntos so por detrás do seu compatriota Laprovittola que anotou 17.

No segundo partido de Arxentina nesta ventá FIBA, Redivo asinou 6 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias na vitoria ante México (85-71).

Pola súa parte a Ucrania de Gerun superou (82-54) a Eslovenia con 6 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias do breoganista. 

No segundo partido o xogador do Breogán Volodymyr Gerun anotou10 puntos e capturou 4 rebotes na derrota de Ucrania ante España (72-68)

O outro xogador celeste na Ventá FIBA, Emir Sulejmanovic, completou unha notable actuación con Bosnia na derrota ante Bulgaria (89-82). O interior celeste foi o máis destacado do seu equipo con 17 puntos e 16 rebotes.

No segundo partido, Bosnia caeu ante Finlandia (77-81) cunha destacada actuación de Sulejmanovic que anotou 12 puntos e capturou 13 rebotes.

O sueco Johan Löfberg anotou 4 puntos e capturou 6 rebotes na vitoria do combinado nórdico ante Bielorrusia (87-59) (preclasificatorio para Eurobasket 2021) .

Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Ventá FIBA: Redivo, Gerun, Löfberg e Sule, asumen protagonismo coas súas seleccións
Foto FIBA
Foto FIBA

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información