Cines Yelmo de As Termas acolleu a preestrea de «Brate»

Compartir con

Cines Yelmo de As Termas acolleu a preestrea de «Brate»

Preto de medio milleiro de persoas tiveron a oportunidade de ver en primicia o documental elaborado por ACB

«Brate, Lugo e Dzanan Musa, Unidos para sempre» é o título do documental que en corenta minutos narra a historia que marcou ao breoganismo e á estrela bosníaca. Elaborado pr o equipo audiovisual de ACB (Marc Ramón, Marc Visa e Alejandra Llambés) coa colaboración do club celeste, o Real Madrid e varios protagonistas que viviron de preto a etapa de Musa en Lugo, o documental repasa a súa historia, desde os seus inicios, moi novo, con experiencia no seu país, en NBA, Turquía e a súa chegada a Lugo antes de desembarcar no Real Madrid, onde demostra que é un dos xogadores máis determinantes de Europa.

Os preto de 500 espectadores gozaron dunha tarde emotiva e divertida, con fotocol, agasallo de benvida grazas a ACB e Río De Galicia, e coa estreita colaboración de Cinemas Yelmo e do Centro Comercial As Termas, que desde a primeira chamada do club, mostraron unha total colaboración para que a experiencia fose un éxito.

O documental ábrese ao público nas plataformas de ACB (Youtube e redes sociais) o mércores 7 de febreiro ás 21:00horas.

Unha bonita forma de narrar unha parte da historia do Breogán que, seguro, terá continuidade en futuras entregas de momentos irrepetibles.

Desde o C.B. Breogán queremos expresar o noso agradecemento a todos os afeccionados e a todas as persoas que o fixeron posible.

Cines Yelmo de As Termas acolleu a preestrea de «Brate»

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información