Henk Norel, carácter de MVP para o Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Henk Norel, carácter de MVP para o Cafés Candelas Breogán

O pívot, incluído no mellor quinteto da pasada Liga Endesa como xogador máis valorado, vestirá a celeste na campaña 2018/2019

O internacional holandés Henk Norel (Amsterdam 17/09/1987) asinou un acordo co Cafés Candelas Breogán para formar parte do proxecto de Natxo Lezkano para o regreso á máxima categoría.

Henk Norel, carácter de MVP para o Cafés Candelas Breogán

Norel é un pívot de 2,12 m. con sobrada experiencia na máxima categoría do baloncesto español, e procedente do Delteco GBC onde promediou a pasada campaña 13,9 puntos e 6,7 rebotes coa maior valoración media da categoría con 19,5 puntos por encontro.

Internacional con Holanda en tódalas categorías, na súa carreira, Norel militou en varios equipos ACB como Zaragoza, Joventut e GBC, dende onde chega a Lugo para unha nova etapa tras ser elixido, na pasada tempada, mellor xogador de Liga Endesa en dúas xornadas de competición, MVP Movistar de Outubro e xogador con mellor valoración media e parte dun quinteto ideal de Liga Endesa no que figuran estrelas como Luka Doncic, Tornike Shengelia, Gary Neal y Sylven Landesberg

Norel é un pívot que domina o xogo de pick&roll, con moita mobilidade e envergadura que lle permiten ser un xogador versátil cunha grande capacidade de rebote en ataque. Norel posúe grandes movementos no poste baixo e un fiable lanzamento de media distancia.

Henk Norel, carácter de MVP para o Cafés Candelas Breogán

TRAXECTORIA

SV Argon. Categorías inferiores.

2004-05 Demon Astronauts Amsterdam Junior.

2005-06 EBA. C.B. Prat.

2005-06 ACB. DKV Joventut. Xoga tres partidos.

2006-07 EBA. C.B. Prat.

2006-07 ACB. DKV Joventut.

2007-08. Alicante Costa Blanca. LEB Oro.

2008-09. DKV Joventut. ACB, Copa del Rey, Supercopa e Euroleague

2009-10. DKV Joventut. ACB, Copa del Rey e Eurocup

2010-11. DKV Joventut. ACB e Copa del Rey.

2011-12. FIATC Mutua Joventut. Liga Endesa

2012-13. CAI Zaragoza. Liga Endesa, Copa del Rey, Supercopa Endesa.

2013-14. CAI Zaragoza. Liga Endesa e Eurocup

2014-15. CAI Zaragoza. Liga Endesa, Copa del Rey e Eurocup.

2015-16. CAI Zaragoza. Liga Endesa e Eurocup.

2016-17. Tecnyconta Zaragoza. Liga Endesa.

2017-18. Delteco GBC. Liga Endesa.

INTERNACIONALIDADE

Selección de Holanda Junior.

Selección de Holanda sub-20.

Selección de Holanda.

2005. Holanda. Europeo Sub18 (División B), en Ruzomberok (Eslovaquia).

2006. Holanda. Europeo Sub20 (División B), en Lisboa (Portugal).

2006. Holanda. Rolda clasificatoria Europeo 2007.

2008. Holanda. Rolda clasificatoria Europeo 2009.

2009. Holanda. Europeo Division B.

2015. Holanda. Eurobasket, en Zagreb (Croacia).

2017. Holanda. Preclasificación Copa do Mundo 2019.

Nov. 2017. Holanda. Fase de clasificación Copa do Mundo 2019.

PALMARÉS

9-04-2006 FIBA Eurocopa. DKV Joventut. Kiev. Campión.

2005-06 EBA. C.B. Prat. Campión.

2007-08. Alicante Costa Blanca. Copa Príncipe. Subcampión

NOMINACIÓNS

2012-13. CAI Zaragoza. Liga Endesa. Jugador da  Jornada 27

2017-18. Gipuzkoa Basket. Liga Endesa. Xogador da Jornada 2

2017-18. Gipuzkoa Basket. Liga Endesa. Xogadorda  Jornada 3

2017-18. Gipuzkoa Basket. Liga Endesa. MVP Movistar de outubro

2017-18. Delteco GBC. Liga Endesa. Mellor quinteto

2017-18. Delteco GBC. Liga Endesa. Líder en valoración (19,5)

VARIOS

2008. Participa no  Reebok Eurocamp de Treviso

2009. Participa no Reebok Eurocamp de Treviso

2009. Elixido no número 17 da segunda ronda do Draft NBA

Henk Norel, carácter de MVP para o Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información