Justin Anderson, físico e calidade para o Río Breogán

Compartir con

Chega ao equipo celeste un xogador con ampla experiencia NBA

O CB Breogán chegou a un acordo para a incorporación do aleiro estadounidense Justin Anderson (1,98m, 30 anos)

Formado na universidade de Virginia (Virginia Cavaliers NCAA), foi elixido en primeira rolda do Draft NBA en 2015 por Dallas Mavericks. Conta cunha ampla experiencia na liga norteamericana onde militou en varias franquías alternando participacións coa liga de desenvolvemento G League.

De 2015 a 2017 pertenceu aos Mavericks xogando tamén co equipo afiliado en G League, Texas Legends. Pasou por Philadelphia Sixers (2017/18), Atlanta Hawks (2018/19), na tempada 2019/20 xogou en Brooklyn Nets con paso polos equipos de desenvolvemento Raptos 905 e Long Island Nets, onde coincidiu co exbreoganista Dzanan Musa. Na tempada 21/22 xogou en NBA con Cleveland e Indiana, alternando neste último con G-Ligue.

A pasada tempada 2022/23 formou parte da selección USA nas ventás de clasificación para o mundial e xogou no equipo de G League Fort Wayne Mad Ants de Indiana onde asinou unhas medias de 19,6 puntos, 5,2 rebotes, e 5,1 asistencias en 49 partidos.

Justin Anderson, que conta na súa traxectoria con 242 partidos en NBA, ten gran capacidade de anotación e pase (5,1 asistencias por partido).

Justin Anderson, físico e calidade para o Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información