Sumando efectivos

Compartir con

Polite e Sergi García evolucionan ben e acurtan prazos. O lucense Adrián Chapela colabora nos adestramentos

Anthony Polite, recuperándose da súa lesión en aductor, iniciou o traballo en pista de forma individualizada e está previsto que se incorpore progresivamente ao traballo co grupo nos próximos días.

Sergi García tamén evoluciona favorablemente da súa lesión e podería reiniciar o traballo en pista ao longo da semana próxima.

O último en chegar, Conner Frankamp, sumou horas de adestramento durante os últimos días, tanto de forma individual como co equipo, para optimizar a súa adaptación. A acumulación de partidos desde a súa chegada fora un obstáculo ara o traballo regular de preparación.

Toni Nakic avanza tamén na súa recuperación con traballo intensivo con fisioterapeuta e preparador físico para reducir no posible os prazos para o seu regreso.

O lucense Adrián Chapela incorporouse aos adestramentos co equipo par sumar efectivos no traballo diario á espera de recuperar aos xogadores que aínda non traballan co grupo.

 

Sumando efectivos
Sumando efectivos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información