Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo

Compartir con

Oportunidade para que os breoganistas amosen, unha vez máis, a súa habitual solidariedade.

A iniciativa foi presentada no centro loxístico que o Banco de Alimentos Lugo ten no Polígono de O Ceao e alí estiveron, entre outros, os xogadores Salva Arco e Jonathan Gilling, o presidente Jesús Lázare, os representantes de Nove Ondas Javier Blanco e Álvaro Pardo, a presidenta de Banco de Alimentos Lugo, Amadora Núñez, o representante de Raiolas (a quén tamén dedicará o Breogán un acto solidario) Gonzalo Díaz, e o vicepresidente da Deputación de Lugo

Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo

Coa iniciativa da Asociación de pequenos accionistas do CB Breogán Nove Ondas, nas portas do Pazo durante os partidos dos días 28 (20:45 ante Barça B)  e 30 (21:00 horas ante COB), haberá voluntarios e caixas para que os afeccionados aporten o seu grao de area con alimentos non perecedoiros como arroz, pasta, aceite, etc.

Na visita soubemos que o Banco de Alimentos axuda a máis de 9.000 persoas de familias de toda a provincia.

 

A Deputación de Lugo colabora con Banco de Alimentos e impulsa as actividades socialis do Breogán mediante o patrocinio. O Vicepresidente Álvaro Santos falou da iniciativa
A Deputación de Lugo colabora con Banco de Alimentos e impulsa as actividades socialis do Breogán mediante o patrocinio. O Vicepresidente Álvaro Santos falou da iniciativa
Arco sinalou que serán duas citas especiais polo deportivo e pola labor social das iniciativas
Arco sinalou que serán duas citas especiais polo deportivo e pola labor social das iniciativas

A visita coincidiu coa chegada dunha furgoneta procedente de diversos puntos onde houbo recollida de alimentos e os presentes exerceron de voluntarios descargando e coñecendo o método de traballo do Banco de Alimentos.

Animamos a tódolos asistentes aos partidos dos días 28 e 30 a que aporten o grao de area para facer máis doado o día a día das familias máis necesitadas.

Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo
Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo
Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo
Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo

Coñece mellor o Banco de Alimentos de Lugo

As orixes do Banco de Alimentos de Lugo remóntanse ao ano 1996. Nos seus primeiros anos de vida traballou fundamentalmente no Comedor San Froilán e durante 7 anos todos os recursos ían para aí, ata que xurde a necesidade en moitas familias que o estaban a pasar mal. Xa no ano 2007 o Banco comezou a traballar nas familias, xunto á asociación Aviva e asociación Dignidade. A demanda foi medrando ata as 300 ou 400 familias. A súa labor esténdese a toda a provincia, axudados en Monforte por Prodeme e na Mariña por Aspanane.

Colabora tamén con outros bancos para tapar as carencias que poida ter cada un deles.

Esta actividade entra dentro do programa de patrocinio da Deputación de Lugo co Breogán que contempla a colaboración e divulgación das actividades de diversos colectivos de interese social.

 

 

Que fai o Banco de alimentos de Lugo?

O traballo do Banco de Alimentos de Lugo parte da recollida de alimentos nas diferentes Operación quilo e doazóns que lles achegan, o  almacenamento e recollida de estes así como a súa distribución.

A entrega de alimentos é semanal. Distribúense 15 toneladas de alimentos os martes, xoves e venres. Aínda que o Banco en si non pode repartir ás familias directamente, ante a forte crise que temos aínda presente, tiveron que comezar a facelo, atendendo a unhas 1750 familias de toda a provincia.

Estas familias están compostas dunha media de 5-6 persoas (acadando incluso os 11 membros nun mesmo núcleo familiar). Son familias moi numerosas que en moitos casos se tiveron que xuntar por mor da crise.

Nesta axuda contan con voluntarios e máis de 220 persoas que realizan traballos para a comunidade.

Quen recibe os alimentos ?

Evidentemente, todas as familias que o precisen e cumpran unha serie de requisitos. As familias clasifícanse en maiores ou menores de 5 (para organizar a entrega).

Teñen que entregar:

  • Copia do DNI de tódolos maiores de idade.
  • Padrón municipal que inclúa a todas as persoas da unidade familiar (as familias clasifícanse en maiores ou menores de 5 para organizar a entrega.
  • Estar dados de alta como demandantes de emprego (ca tarxeta selada ao día), sen constar rexeitamento de traballo. Revisase cada 6 meses.
  • Certificación de ingresos (ou da súa non percepción), así como certificación de gastos: alugueiro ou hipoteca, luz e auga (non se contemplan outros)
  • Nos casos que sexa posible, informe social. Se non elaborase por parte do propio banco.

Que produtos conforman a entrega semanal?

Cada familia percibe semanalmente:

  • Uns 10 quilos de froita combinados con 5 quilos de hortaliza, doados na súa maioría por cooperativas de Andalucía, Murcia e Lleida.
  • 6 litros de leite, doado por empresas lácteas galegas (Río, Lactalis, Celta…). Nestes días que non hai escola duplicase a cantidade
  • Pan (8-10-12 barras de pan e/ou boliños), aportado por Ingapan, e empanadas.
  • Unha bandexa de ovos de 2 ducias e media, xa que é a mellor forma de achegar proteína que non precise frío (moitas familias non poden conservalo). Especialmente importante para nenos, enfermos e embarazadas.
  • Carne segundo o que se poida acadar, o grupo Sada envía polo e outras carnes de Frilea.
  • Torre de Núñez e Macario achegan paquetes grandes de chacinaría, que adoitan entregarse en grandes centros (asilos de toda a provincia por exemplo).
  • 4 litros de zume
  • Galletas para o almorzo dos nenos.
  • Produtos varios como 1 quilo de arroz, 1 de macarróns,1 de lentellas, medio quilo de sopa, azucre, fariña…
  • Aceite cada dúas semanas
  • Cacao cando hai dispoñibilidade (recalcan a importancia de que sexan paquetes pequenos -500gramos-)
  •  
Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo

Esta actividade enmárcase no programa de acción social e promoción dos valores do deporte que conta co patrocinio da Área de Deportes da Deputación de Lugo.

Recollida de alimentos nas dúas citas de final de ano no Pazo

Esta actividade conta co patrocinio da área de Deportes da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información