Erik Quintela vestirá a celeste do Leite Río Breogán

Compartir con

Erik Quintela vestirá a celeste do Leite Río Breogán

O base lucense volve á súa casa e defenderá a próxima tempada a camiseta celeste

O acordo entre o Leite Río Breogán e Erik Quintela Salvador (Lugo, 17 de agosto de 1991) para que o base galego complete o posto de dirección de equipo para a tempada 2020/2021 é total, e pechouse satisfactoriamente para ámbalas dúas partes.

Erik Quintela é un base de 1,86 m. formado en clubs da súa cidade ( Cidade de Lugo e Club Estudantes Leyma) e que na tempada 2012-13 deu o seu primeiro salto a LEB Oro -desde o equipo EBA do Estudiantes Leyma- vestindo a camiseta do Breogán.

Tras o seu primeiro paso polo Breo, Erik seguiu a súa evolución como xogador, cun paso pola liga lusa (Maia), e con tres tempadas en LEB Prata con Xuven Cambados.

Na tempada 2017/18 xogou en CB Clavijo de LEB Oro, categoría na que se consolidou como un dos bases de referencia.

O novo xogador do Leite Río xogou durante as dúas últimas tempadas en Palma, alcanzado co seu equipo na 18/19 a “final four” que se disputou en Bilbao, e xa na pasada campaña promediou 8,2 puntos (49,2% T2, 43,1% T3, 84,1% TL), 2,5 rebotes e 2,3 asistencias en 17 minutos.

Erik é un xogador de carácter, experimentado, bo coñecedor da competición e moi sólido, con capacidade de dirección, anotación e defensa.

A afección celeste terá asi a oportunidade de gozar dos dous irmáns Quintela defendendo as cores do equipo da súa cidade.

Benvido a casa Erik!

Erik Quintela vestirá a celeste do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información