Guille Rubio, conta atrás para o regreso

Compartir con

O xogador xa se recupera trala intervención en Hospital POLUSA

Menos de 24 horas despois de sufrir a lesión na súa man dereita, Guille Rubio xa desconta os minutos para o regreso ás canchas tras pasar por quirófano. As probas realizadas polos especialistas de FREMAP e POLUSA confirmaban a fractura no quinto metacarpiano da man dereita con desprazamento, o que obrigou a levar a cabo a intervención.

Os servizos médicos de Hospital POLUSA puxeron todo en marcha de inmediato para que a Dra. Luisa Ibañez, xefa do servizo de traumatoloxía do centro, se encargara persoalmente da intervención. (A Dra. Ibáñez xa ten no seu haber intervencións exitosas a varios xogadores celestes e a multitude de deportistas de alto nivel de múltiples disciplinas, como o caso do triatleta olímpico Gomez Noya).

Rubio atópase xa recuperándose, moi animado e con gaña de volver canto antes e estar co equipo neste tramo final no que temos depositado toda a ilusión cun obxectivo soñado do que o propio Guille é parte fundamental.

Dende o CB Breogán agradecemos aos servizos médicos de FREMAP e POLUSA por estar semrpe coidando da saúde de todos. Grazas por facer equipo!

#ForzaGuille !

Guille Rubio, conta atrás para o regreso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información