Matt Stainbrook, MVP de récord no Cafés Candelas

Compartir con

O interior do Cafés Candelas Breogán alcanzou os 45 puntos de valoración, a máxima da tempada na LEB

Ningún xogador logrou esta tempada a marca que Matt Stainbrook alcanzou no partido no que o Cafés Candelas superou ao Araberri no Pazo dos Deportes.

Stainbrook anotou 24 puntos (9/10 T2, 6/8 TL), capturou 8 rebotes, entregou 3 asistencias, recuperou 4 balóns e puxo 5 tapóns. Todo isto sumado ás 6 faltas que recibiu, sérvelle para sumar os 45 puntos de valoración e ser o MVP da xornada.

Ademais, Stainbrook colócase como o xogador co récord de valoración nunha xornada na presente campaña.

Parabéns Matt!

Matt Stainbrook, MVP de récord no Cafés Candelas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información