O Leite Río Breogán incorpora ao aleiro Mindaugas Kacinas

Compartir con

O Leite Río Breogán incorpora ao aleiro Mindaugas Kacinas

O xogador lituano Mindaugas Kacinas (30/06/93, Klaipeda-Lituania), de 2,04 m. e 27 anos vestirá a celeste na tempada 2020/2021

O novo xogador do Leite Río Breogán é un aleiro alto, xogador de equipo, versátil, polivalente, completo e que pode xogar tamén no posto de "catro". Capacitado para axudar en tódalas facetas do xogo, dende a defensa, a anotación ou o rebote. Kacinas conta con experiencia na competición LEB tras o seu destacado paso por Palencia a pasada tempada.

Tras a súa formación en Estados Unidos, na Universidade de Carolina do Sur, onde xogou catro tempadas, Kacinas volveu ao seu país para xogar dúas tempadas no Neptunas Klaipeda. Posteriormente xogou na liga Islandesa no Keflavik onde destacou con 17 puntos e 10 rebotes de media.

Na pasada tempada foi unha xogador clave no Chocolates Trapa Palencia achegando 8,7 puntos (70% T2, 36% T3, 75,7 TL), 6,1 rebotes en case 26 minutos sobre o parqué.

Kacinas posúe facilidade anotadora especialmente en penetracións e é intenso en defensa. A súa envergadura e potencia física permítelle emparellarse con xogadores de varias posicións.

TRAXECTORIA

Universidade de South Carolina - NCAA 2012-16

Neptunas - Lituania 2016-18

Keflavík - Islandia 2018-19

Chocolates Trapa Pelencia -LEB Oro 2019-20

O Leite Río Breogán incorpora ao aleiro Mindaugas Kacinas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información