Prazos de renovación e reparto de aforo na tempada 2020/2021

Compartir con

Ata o día 6 os aboados da pasada tempada terán prazo de renovación e o pago posterior farase por partido

Amplíanse os prazos de renovación

O prazo de renovación de abonos para esta tempada amplíase ata o día 6 de outubro. A renovación faise online cun pago inicial de 30€. Os aboados renovados terán preferencia en calquera circunstancia de aforo total ou parcial.

Haberá un prazo de axustes de ubicación para os aboados que xa renovaran entre os días 6 e o 3 de novembro   de outubro.

Desde o 4 de novembro en diante abrirase o prazo para a chegada de novos aboados.

O uso da localidade asignada será sempre en caso de aforo total.

En caso de aforo parcial o club redistribuirá aos asistentes a cada partido tratando, na medida do posible, de que cada afeccionado manteña a súa zona e proximidade, e respectando sempre o que marquen as autoridades sanitarias.

Dereito de asistencia aos partidos

En caso de que o aforo permitido sexa inferior ao número de aboados, o club establece un sistema de sorteo para determinar que aboados terán dereito a mercar a súa entrada de socio para cada partido. Este sistema farase sempre procurando que tódolos aboados teñan dereito a asistir ao mesmo número de encontros. De tal xeito, os aboados que lles corresponda por sorteo asistir ao primeiro partido, non entrarán no sorteo do partido seguinte (ou seguintes dependendo do aforo permitido).

O sistema de pago será por partido e proporcional ao prezo do abono

Para cada partido, en caso de aforo parcial, os aboados que xa pagaran a cota inicial de 30€ deberá mercar unha entrada que terá un prezo proporcional ao seu abono.

Tamén existe a opción de pagar o abono completo. Esta modalidade non ten dereito a devolución.

O custo da entrada calcularase restando do custo do abono da pasada tempada (mantéñense os prezos como referencia) os 30€ xa aboados, ademais da compensación para aqueles aboados que así o solicitaran polo non disputado da pasada tempada, e dividindo o resultado total entre 16, que é o número estimado de partidos, incluíndo liga regular e posibles partidos de play off que se xogarán no Pazo.

Este sistema de pago permitirá que o aboado só pague de xeito proporcional ao número de partidos aos que terá dereito a asistir.

Prazos de venda de entradas para cada partido

Para cada partido abrirase a venda de entradas para os socios que lles correspondera, coa antelación suficiente (mínimo unha semana), e prolongarase ata 48 horas antes da hora de inicio.

A partir de aí e ata as 14:00 horas do día do partido, as localidades que non foran adquiridas, serán postas a disposición do resto de aboados.

E a partir das 14:00 horas do día de partido (ou 14:00 horas do día anterior en caso de xogarse un domingo pola mañá) as entradas que puideran quedar libres, poñeranse á venda libremente.

A venda será exclusivamente online por protocolo sanitario, para facilitar en caso de necesidade a rápida localización dos asistentes (as entradas e abonos son persoais e intransferibles como marca a normativa de seguridade e sanitaria).

Tito Díaz explicou polo miúdo o sistema de abonos da tempada
Os prezos de referencia son os mesmos que na tempada pasada
Os prezos de referencia son os mesmos que na tempada pasada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información