Regreso ás canchas nada menos que cun derbi galego

Compartir con

O Cafés Candelas visita ao Monbús Obradorio o sábado 2 de marzo ás 18:00 horas no Sar

O pasado mes de decembro puxéronse á venda e esgotáronse en poucas horas o paquete de entradas a prezo pactado entre clubs para socios do Breo (o mesmo número, aproximadamente unhas 150, que se puxeran a disposición dos seareiros compostelanos para o partido da primeira volta no Pazo e ao mesmo prezo de 19€).

A partir de aí a venda efectuouse directamente polo club santiagués na súa web oficial  obradoirocab.com onde aínda se poden mercar algunha localidades en varias zonas do Sar. (As vendidas en Lugo foron para a zona Tribuna 2 Norte).

Agárdase un gran ambiente de derbi cunha boa representación lucense nunha nova oportunidade de gozar con dous equipos galegos no máis lato do baloncesto nacional.

Regreso ás canchas nada menos que cun derbi galego

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información