Rumbo aos 4000: o Cafés Candelas Breogán supera os 3000 aboados

Compartir con

Cunha renovación superior ao 90% dos aboados da pasada campaña, avanzan as novas altas a bo ritmo

O Consello de Administración celeste estima posible superar os 4000 aboados antes do inicio da competición.

Varios sectores de grada lateral do Pazo dos Deportes contan cunha ocupación do 100% e os que non están completos superan o 90%.

O ritmo de altas mantense alto tanto a nivel presencial en oficinas do club (horario de 10 a 14 e de 17 a 19:45 horas de luns a venres) como online na web oficial cbbreogan.com dispoñible as 24 horas dos sete días da semana.

A política de prezos accesibles con facilidades de pago e as vantaxes para familias e colectivos como os máis novos ou estudantes, os xubilados maiores de 65 anos ou os desempregados, tivo unha bo acollida por parte da afección e o ritmo de altas prometen unha tempada cun Pazo apuntando ao cheo en cada partido.

Estes datos alcánzanse a case tres meses do inicio da competición, o que demostra a afección polo baloncesto en Lugo e a ilusión da masa social pola volta á máxima categoría do baloncesto nacional.

Rumbo aos 4000: o Cafés Candelas Breogán supera os 3000 aboados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información