Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín

Compartir con

Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín

Lezkano, Kabasele, Belemene e Arco visitaron o CPI Tino Grandío e coñeceron os orixináis proxectos dos alumnos

Os alumnos do CPI Tino Grandío no concello de Guntín (Lugo) recibiron a visita de varios membros do equipo celeste. Alí estiveron o adestrados Natxo Lezkano, e os xogadores Hervé Kabasele, Salva Arco e Romaric Belemene.

A experiencia constou dunha charlas na que se fixo fincapé nos hábitos saudables como a alimentación equilibrada e o descanso no desenvolvemento persoal dos máis novos, algo imprescindible tamén na vida do deportista.

Os xogadores e técnicos tamén debateron sobre a importancia do estudo e a formación para chegar todo o máis alto.

Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín

Un Breo – Warriors na imaxinación dos escolares

Os alumnos preguntaron todas as súas dúbidas aos membros do equipo e tiveron tempo de explicaron un proxecto cinematográfico guionizado e elaborado polos propios alumnos cunha trama que viraba ao redor dun imaxinario partido entre o Cafés Candeas Breogán e Golden State Warriors da NBA, un traballo colaborativo e inclusivo con participación de alumnos con capacidades diferentes.

Natxo Lezkano, Salva Arco, Romaric Belemene e Hervé Kabasele felicitaron aos artífices do proxecto e expresaron a súa satisfacción por ver que o baloncesto ofrece infinitas posibilidades de motivación en ámbitos como a educación e a inclusión.

Posteriormente houbo Espazo para botar unas canastras no ximnasio do centro e fotos e autógrafos. Os escolares agasallaron aos asistentes cuns debuxos elaborados para a ocasión.

Esta actividade encádrase dentro do proxecto impulsado pola Deputación de Lugo co CB Breogán que inclúe a divulgación dos hábitos positivos do baloncesto entre os escolares.

Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín
Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín
Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín
Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín
Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín
Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín
Un Breo - Warriors na imaxinación dos escolares de Guntín

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información